viernes, noviembre 20, 2009

Ni Txabes naiz

- Oes, empecei un curso en liña...
- Otia, puta madre. De que? programación, ou algunha cousa así que che vaia ser útil e tal?
- mmm... máis ben non. De euskera.
- ...
- ... Si, euskera.
- ...
- Pode estar ben...
- ...
- Joder, polo menos será chistoso...
- ... ti estás zumbado.
- No digo yo que no. Pero ten en conta que "taberna" dise igual. E sabendo eso, pouco máis vou precisar...

domingo, noviembre 01, 2009

Filosofía grega clásica (1)

Díxolle un día Platón a Epicuro:

- Eu, ás veces, peiteo a barba.

Ao que respondeu Epicuro:

- Pois eu aféitome parriba.

domingo, octubre 11, 2009

Guan llíar agóu

Tal día coma hoxe, doce de outubro, hai un ano, sucederon varias cousas, que paso a relatar:

  • Era festivo
  • Houbo un desfile en Ciudad Capital
  • Cadrou en domingo
  • Supoño que os que daquela tiveran traballo se mosquearían por perderen un festivo.
  • Eu estaba sen traballo. Concretamente, entre o 9 e o 15 daquel mes estiven sen traballo.
  • Meu pai e máis eu emprendiamos un viaxe a bordo dunha furgoneta que parecía o camión aquel que levaba o coche fantástico dentro (falo da serie orixinal).
Dentro da citada furgoneta había, sen ánimo de ser exhaustivo:
  • Un moble escritorio de IKEA (creo que modelo MIKAE, coma o personaxe de Carlos Jesús)
  • Unha moto
  • Uns patíns
  • Roupa. Moita
  • Comida (xa ves)
  • Libros
  • Unha tele
  • Un portátil
  • Unha guitarra eléctrica
  • Unha guitarra española
  • Un amplificador (ou dous, non sei)
  • Un traxe de kenpo
  • Practicamente, unha vida. Toma poesía, cona. Non querías poesía?
Poderíase dicir, aínda a risco de parecer racista ou xenófobo que aquela parecía a furgoneta duns xitanos.

E é que resulta que hai un ano saín de Madrid con rumbo noroeste. A cachos pola A6, a cachos por estradas abandonadas da man de Dios nuestro señor (acojonante a estampa das vilas polas que pasaban as estradas antes de que houbera A6), chegamos a San Lois.

Como resumo deste último ano poderíase dicir que me fixen máis vello e máis triste. Máis responsable e máis amargado. E pouco máis. Bue, si, fun á praia...

lunes, octubre 05, 2009

Inxustizas da vida

Quería compartir con todos vos algo que me preocupa dende os dez anos, máis ou menos. E que me segue a causar certa desazón interior, pasados todos estes anos.

O asunto é o seguinte: Paréceme unha tremenda inxustiza, así como unha falta de coherencia desmedida, o feito que que exista unha palabra para designar as ganas de comer ("fame"), que exista unha palabra para referírmonos ás ganas de beber ("sede"), e pola contra, non teñamos un vocábulo para referirnos ás ganas de jiñar.

De igual xeito, sempre me pareceu bastante parvo que exista unha palabra para dicir que a unha comida lle falta sal ("soso", ou, se queredes falar en galego correcto, "eslamiado", ahí es nada), pero non haxa, por exemplo, unha palabra para dicir que a un prato lle falta a pementa, ou o azafrán, ou que non ten albaricoque, vaia.

Por todo isto, e nunha cruzada persoal a prol da xustiza lingüística universal, empezarei por propoñer a palabra "cagambre" (ou "cagamio", aínda terei que decidilo.) para referirse ás ganas de jiñar.

Aaaai, que será do mundo cando falte eu...

lunes, septiembre 21, 2009

Mil-house

O outro día vin esta imaxe:


E pensei que merecía a pena gardala. Nada máis, continúen con sus vidas.

Bueno, sí, unha cousa: elchan.org é un sitio francamente recomendable. Ahora sí, adiosito.

miércoles, julio 15, 2009

Un chiste de Monteys

(Hay que decir que, si follar fuera fácil, perdería toda la gracia y la sociedad se iría a la mierda)
- ¡Ya nadie va a los bares!
- ¡Ya nadie se ducha!
- ¡Han cerrado internet por falta de usuarios!


- Do "El Jueves" extra "Follar es gratis", do 10 ao 16 de decembro de 2008

lunes, julio 06, 2009

Ya soy un niño grande

Fai uns días collín a moto e fun ata o caixeiro automático do Pastor a sacar pasta. Cando estaba arrimando a moto a un lado, a uns chavales que estaban alí na plaza xogando ao fuchibol escapoulles o balón, que tras bater na luna dun coche veu caer cerca da moto. Eu abaixeime, collina, e cando lla iba botar de volta un deles dixo:

- Hey, señor!

facendo gestos coas mans e tal.

E daquela dinme conta de que xa non son un rapaz.