martes 25 de mayo de 2010

a con-tra-co-rrien-te,a con-tra-co-rrien-teee

Poida que debido a un fenómeno sonoro coñecido como "homofonía" (que non por homofobia), pensedes que agora vou falar da miña conta corriente. Nada más lejos.

O tema é que atopei fai un pouco esta noticia en barrapunto:


Ben. Tamén atopei, tras buscar un pouco na bandexa de entrada, un e-mail que dicía aproximadamente así:

Ola Jose,
Acabas de desactivar a túa conta de Facebook. Podes reactivala en calquer momento entrando en Facebook co teu e-mail de rexistro e contrasinal. Poderás, así, usar de novo a páxina.
Grazas,
O equipo Facebook

E que levaba por data o 28/06/09.

Vale. Pois agora, por levar a contraria a nada menos que o 60% da peña, vou a "reactivala en calquer momento entrando en Facebook co teu e-mail de rexistro e contrasinal". A ver se desta volta o facebook serve para algo. Se cadra podo poñerlle algo a Cachote no muro (segue exisitindo o tema do muro?) sobre a polifonía no barroco e o uso das panderetas na música tradicional dos nikis...